Esta segunda etapa consistente nunha residencia de escritura intensiva, supón a continuación dun programa de formación profesional e desenvolvemento de proxectos ofrecido aos cineastas e produtores representantes dos seis proxectos nacionais seleccionados nesta primeira edición de VENTURA.
A residencia de escritura tivo lugar en Leira Remesal en Tui, en Galicia, –un espazo ideal para o desenvolvemento do traballo creativo, nunha contorna tranquila e paradisíaco, e en plena comuñón coa natureza–, e estivo dirixida pola recoñecida experta na titoría de proxectos Marta Andreu.
Marta Andreu conta cunha dilatada experiencia en laboratorios e residencias do mundo enteiro que inclúe espazos como Eurodoc, Torino Film Lab, Open Doors e DocNomads ou DocMontevideo entre moitos outros. Así mesmo coordinou e programou o Master en Documental de Creación na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona desde 2001 ata 2016 e desde 2010, integra o comité de selección de proxectos do World Cinema Fund, da Berlinale.
A residencia tamén contou co asesoramento de Paolo Benzi, titor xefe do programa Emerging Producers en Jihlava International Documentary Film Festival (República Checa), así como do Rough Cut Lab do festival Vision du Réel (Suíza), e que produciu películas para cineastas como Miguel Gomes, Roberto Minervini, Alessandro Comodin ou Sergei Loznitsa, entre outros.
Así pois VENTURA concluíu con éxito e de maneira moi satisfactoria e produtiva estas dúas primeiras etapas, nos que participaron cuxo obxectivo foi o de preparar aos representantes dos proxectos nacionais para concorrer na terceira e última etapa: o foro de coprodución internacional.
Nesta etapa final, que terá lugar do 8 ao 9 de marzo de 2023, os seis proxectos nacionais competirán xunto con seis proxectos internacionais polo premio VENTURA de 10.000 € en metálico, ademais doutros premios en servizos. Durante a celebración deste mercado, produtores e cineastas terán así mesmo a posibilidade de reunirse individualmente cun selecto grupo de profesionais de diversos lugares do mundo onde poderán atopar financiamento e dar visiblidad ás súas futuras películas.
Carla Andrade, Alejandro Tarraf, Chiara Marañón Juan Soto Taborda, Andrés Duque, Sebastián Uría, Pela do Álamo, Pilar Monsell, Felipe Lage, Luís Ferrón, Ricard Saes, Sandra Tabares Duque, Olaia Ledo e Oliver Laxe foron os nomes que representan os proxectos nacionais seleccionados.
A convocatoria para os proxectos internacionais finalizou o pasado 20 de xaneiro e os finalistas, así como os expertos e o xurado que participarán na terceira fase serán anunciados en breve.