VENTURA anuncia os proxectos nacionais seleccionados na súa primeira edición e os membros do seu equipo asesor

Decembro 4, 2022

Carla Andrade, Alejandro Tarraf, Chiara Marañón y Juan Soto Taborda, Andrés Duque, Sebastián Uría y Pela del Álamo son as directoras e directores seleccionados, entre os que tamén se atopan profesionais da produción como Pilar Monsell, Felipe Lage, Luis Ferrón, Ricard Sales, Sandra Tabarés Duque, Olaia Ledo e Oliver Laxe

O comité de expertos fórmano representantes do Berlinale Co-production Market e World Cinema Fund, Cannes Marché du film, EAVE, Torino Film Lab, Atresmedia, Andergraun Films, O Som e a Fúria, Shellac e Films Boutique

A convocatoria para a selección de proxectos internacionais segue aberta ata o 20 de xaneiro de 2023. Máis info en www.ventura.gal

VENTURA, a nova plataforma de coprodución para cineastas e produtores de todo o mundo impulsada pola Asociación Cultural Enfoques, responsable da organización do festival internacional de cine Play-Doc, anuncia os proxectos nacionais seleccionados para participar na súa primeira edición. Son:

Estes seis proxectos participarán nas dúas primeiras etapas de VENTURA. A primeira delas constará dun programa virtual de formación profesional no que cineastas e produtores recibirán asesoramento en diversos campos de interese como o desenvolvemento e financiamento de proxectos, a coprodución ou a distribución internacional (do 12 ao 16 de decembro de 2022).

Os profesionais confirmados que integran o equipo internacional de expertos son Martina Bleis (Co-Production Market, Berlinale), Aleksandra Zakharchenko (Marché du film, Cannes), Satu Elo (EAVE), Vincenzo Bugno (World Cinema Fund / Torino Film Lab), Gemma Vidal (Atresmedia), Montse Triola (Andergraun Films), Luís Urbano (O Som e a Fúria), Thomas Ordonneau (Shellac) e Valeska Neu (Films Boutique).