Estes nomes sumaranse aos dos proxectos nacionais xa anunciados para participar na terceira etapa de VENTURA: un foro de coprodución internacional que terá lugar o 8 e 9 de marzo
Organizada pola Asociación Cultural Enfoques, responsable do festival de cinema internacional Play-Doc, VENTURA é unha nova plataforma para cineastas e produtores de todo o mundo que centran o seu labor na realización de películas independentes cunha forte visión artística.
VENTURA desenvólvese ao longo do ano en tres etapas diferenciadas, dedicadas á formación profesional, o desenvolvemento de proxectos e os encontros de industria, combinando actividades en liña con actividades presenciais. Tras celebrar con éxito as súas dúas etapas iniciais reservadas aos proxectos nacionais –unha titoría e formación profesional en liña e unha residencia intensiva de escritura– VENTURA celebrará a súa etapa final: o mercado de coprodución internacional que terá lugar en Tui (Galicia, España) do 8 ao 9 de marzo de 2023. Nel terán lugar unha serie de encontros personalizados (one to one meetings) con representantes de produtoras, distribuidoras, fondos, mercados e festivais internacionais.
Os 12 proxectos, que participan neste foro de coprodución foron seleccionados de entre 257 candidaturas e representan a 11 países (Arxentina, Colombia, Croacia, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Italia, Portugal, Reino Unido e Serbia), son os seguintes:
- A DAY IN THE LIFE OF JO. CHAPTER: PHAEDRA (Dirixe Jacqueline Lentzou e produce Andrea Queralt)
- AS ESTAÇÕES (Dirixe Maureen Fazendeiro e producen Luís Urbano, Valentina Novati, Beli Martínez)
- DESPUÉS DE NADA (Dirixe Carla Andrade e producen Pilar Monsell, Gonzalo E. Veloso)
- EL ALUMBRE (Dirixe Alejandro Tarraf e produce Felipe Lage)
- ELENA DIO A LUZ A UN HERMOSO NIÑO (Dirixen Chiara Marañón, Juan Soto Taborda e producen Luís Ferron, Ricard Sales, Sandra Tabares Duque)
- LA CASA EN LA FRONTERA (Dirixe e produce Andrés Duque)
- LA CHAMBRE D’OMBRES (Dirixe Camilo Restrepo e produce Helen Olive)
- MARE’S NEST (Dirixe Ben Rivers e producen Andrea Queralt, Ben Rivers)
- MIL OURELAS (Dirixe Sebastián Uría e producen Olaia Ledo, Oliver Laxe)
- MONTAÑA OU MORTE (Dirixe Pela del Álamo e producen Pela del Álamo, Felipe Lage)
- SERENA (Dirixe Alessandro Comodin e producen Thomas Ordonneau, Tommaso Bertani)
- U SENCI ROGOVA (Dirixe Ognjen Glavonić e producen Dragana Jovović, Stefan Ivančić)
Deste xeito súmanse aos proxectos españois participantes nas dúas primeiras fases os internacionais A DAY IN THE LIFE OF JO. CHAPTER: PHAEDRA, AS ESTAÇÕES, LA CHAMBRE D’OMBRES, MARE’S NEST, SERENA y U SENCI ROGOVA.
Todos eles optarán ao premio VENTURA cun valor de 10.000€ en metálico, e a unha serie de premios en servizos a cargo de Cinemar Films, Cormorán VFX, Laboratorio Numax ou o seminario Doc’s Kingdom. Aos premios xa anunciados engádense tamén dous premios de distribución da man de Atalante, en España, e Filmgarten en Austria. Os premios serán outorgados por un xurado internacional que a organización dará a coñecer nos próximos días.
VENTURA é un proxecto financiado coa axuda da Unión Europea – NextGenerationEU, o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A Asociación Cultural enfoques agradece a colaboración do Concello de Tui e de Play-Doc, Festival Internacional de Cinema de Tui.