XENTE PLANTA
Sinopse:
Os corpos das plantas únense e brotan nunha encarnación do común que esborra os límites entre o individual e o plural. Son corpos construídos por xestos de acompañamento, unha maneira de estar vivas que se asemella quizais máis a unha colonia, un “ser eu” que suma moitos “eus”.
Esta indagación cinematográfica mira ás comunidades das plantas como experiencias políticas extremadamente íntimas. Imaxes que desvelan os límites da nosa ollada, deixando espazo, en cambio, para todo o que descoñecemos.
Partindo desa doble vida das plantas, cunha parte aérea que busca enerxía solar e outra sempre soterrada, que profundiza no escuro, este exercicio é un mirar dende o maxín, dende o compañeirismo entre especies e a biofilia de mulleres que aman ás plantas.
Título internacional: Plant People
Dirección: Xiana do Teixeiro
Producción: Animala
aís de produción: España
Estado do proxecto: desenvolvemento
Duración estimada: 90 min
