Vín a noite que nunca remata

Vín a noite que nunca remata

Sinopse:

Tras a morte do seu irmán, Rosa, unha muller de 80 anos, viaxa soa á súa aldea natal en Galicia para facerse cargo da casa e as vacas do último habitante, deixando atrás unha cidade á que sente que non pertence.

Reencóntrase co que unha vez foi o seu fogar, un lugar entre montañas preto da fronteira con Portugal, e aos poucos revive o seu pasado a través das pantasmas da aldea: flirtea co seu primeiro amor adolescente co que non casou, axuda á súa nai para traballar a terra mentres espera a chegada do seu marido, ou se debate se ir traballar a Alemaña, deixando ás súas dúas fillas pequenas e sendo criticada polas outras mulleres.

Rosa reflexiona sobre as decisións que tomou ao longo da súa vida e se reafirma nelas, mentres se achega a unha aldea que quedou entre tempos. Un territorio que se move entre o mítico e o fantástico, e que garda nos seus recunchos ecos do pasado.

Título internacional: Vín a noite que nunca remata

Dirección: Helena Santín

Producción: Filmika Galaika

aís de produción: España

Estado do proxecto: En desenvolvemento avanzado

Duración estimada: 90 min.