UNHA PELICULA DE PELÍCULAS DE BARCOS
Sinopse:
Manuela é unha directora de cine que regresa á casa familiar trala morte do seu pai. No faiado da casa baleira, entre unha morea de trastes, atopa unha caixa con cintas de vídeo e cunha etiqueta escrita a man: Películas de barcos. Nesas cintas, que o seu pai coleccionou ao longo dunha vida de traballo no mar, descobre un xénero oculto do cinema amateur, filmado desde finais dos anos 60 por distintas xeracións de mariñeiros. Xunto con Felipa, editora e compañeira, reconstrúe o fogar e comeza a imaxinar unha película. Manuela comprende que non pode ser unha homenaxe, nin un retrato: o seu pai apenas aparece nun plano en horas e horas de metraxe. ¿Que sentido ten facer unha película sobre alguén que apenas deixou rastro? ¿Cal pode ser o filme dos que esqueceron as cintas na escuridade dun faiado? A medida que visionan, Felipa ten a sensación de que todos eses mariñeiros ían no mesmo barco, un gran buque no que filman as súas películas, de forma ininterrompida, atravesando mares e tempos.
Título internacional: Ship Films
Dirección: César Souto
Producción: César Souto
aís de produción: España
Estado do proxecto: desenvolvemento
Duración estimada: 100 min
