Serena

Serena

Sinopse:

Lignano Sabbiadoro, Friuli. O verán está a chegar ao seu fin. Serena, unha muller nova de vinte anos traballa de camareira no hotel da súa tía. Serena nunca pensou que Giulio, o seu ex noivo, convidaríalle a irse de viaxe con el. Casualmente está sen traballo e desexando escapar, con ganas de liberdade e de vacacións. A realidade nunca se axusta ás expectativas e marcharse cun ex nunca é unha boa idea, así que rapidamente acaba soa por primeira vez na súa vida. A pesar de non ir ata moi lonxe, co pasado sempre vixiante e a melancolía, o medo ao descoñecido dispárase. O seu encontro con Tiziana, unha moza socorrista, fará máis forte a Serena. A pesar de vir dun pequeno pobo, non ter estudos e acabar como camareira, ela pode tamén elixir a súa vida, sentirse bonita e soñar co seu futuro.

Título internacional: Serena

Dirección: Alessandro Comodin

Producción: Thomas Ordonneau (Shellac), Tommaso Bertani (Ring Film)

aís de produción: Francia – Italia

Estado do proxecto: En desenvolvemento

Duración estimada: 100 min.