Querer vivir un grito
Sinopse:
Lola Sar é unha arquitecta galega entregada aos proxectos humanitarios de cooperación relacionados coas consecuencias de conflitos bélicos. Vive en tensión entre o facer e o non poder dar respostas a un mundo en constante destrución. Esgotada, asfixiada e cun burnout, Lola viaxa sen parar entre países do sur de Europa, campos de refuxiados, congresos e reunións institucionais sobre axuda humanitaria. Co descubrimento do rostro de Fariha nos medios, unha colega de traballo que decidiu cruzar a Europa, inicia unha viaxe desesperada e obsesiva por atopala, sabendo que quizais xamais o logrará. Ante o fracaso e a insoportable dor, Lola crébase. Regresa a España e vese obrigada a iniciar un proceso de autocuidados que nunca se permitiu. O seu corpo manifesta o peso implacable da Historia: un corpo esgotado, expoliado, colonizado e paralizado pola violencia que Lola soportou.
Dirección: Diana Toucedo
Producción: Andrea Vázquez e Alba Sotorra
aís de produción: España