PRAZA DO PUNTO

PRAZA DO PUNTO

Sinopse:

En 2024, o Concello de Ordes adquiriu os terreos da antiga fábrica téxtil de VIRIATO. O seu obxectivo construír edificios administrativos, un polideportivo e outros espazos de uso público para a veciñanza.

Unha das rúas que rodea a fábrica leva o nome de Viriato Lamas. Nunca se homenaxeou ás máis de trescentas mulleres que traballaron na empresa nin a todas as que dende os seus fogares remataban as prendas. Para moitas, a fábrica significou a independencia económica, a posibilidade de desenvolver unha vida social máis alá do entorno doméstico e un futuro sen ter que emigrar.

Dende os primeiros conflitos en 1990, o tecido industrial ordense a redor do téxtil foise desmantelando. Unha mala xestión administrativa seguida do falecemento de Viriato Lamas levou a protestas, folgas e encerros. Tras o peche definitivo da fábrica en 2017, as traballadoras tiveron que reinventarse noutros oficios.

A inicios de 2026 terá lugar a demolición da fábrica, un espazo que alberga anos de memoria colectiva.

Título internacional: Praza Do Punto (Knitters Square)

Dirección: Aira Portos

Producción: Aira Portos

aís de produción: España

Estado do proxecto: desenvolvemento

Duración estimada: 70 min