Montaña ou morte

Montaña ou morte

Sinopse:

Nas montañas do sueste de Galicia un grupo de cazadores vive aínda en conexión coa natureza. Durante varias xornadas enfrontaranse ao final do inverno nas últimas batidas do ano. O amor e a morte. O salvaxe e o artificial. O humano e o animal. Montañas sumidas na néboa. O inverno coas súas choivas perpetuas. A escuridade do bosque e a luz das cimas. Todo o que alí ocorre cando o home non está. Un cabalo negro que vaga polos montes nevados. O saber dos cazadores; a súa procura e a súa espera, a súa xerarquía. O seu silencio. A ritualización do cotián. Os ladridos da jauría de lonxe. Os rastros, as pisadas, os cheiros. Os disparos. A violencia. O sufrimento. Os dilemas do cazador; as súas dúbidas, as súas ambicións. Escóitaa. A soidade nos montes. A presa. Os trofeos. O bar. O sangue impregnándoo todo. O relato exaltado. As contradicións da condición humana contidas na práctica da caza. Roca, neve, néboa e lume.

Título internacional: Mountain or Death

Dirección: Pela del Álamo

Producción: Felipe Lage (Zeitun Films)

aís de produción: España

Estado do proxecto: En desenvolvemento

Duración estimada: 80 min.