Mil Ourelas

Mil Ourelas

Sinopse:

Eladio traballa na serra dos Ancares como axente forestal. Durante anos compartiu a paixón polo bosque co seu amigo Lisa. Agora Lisa está enfermo e non ten forzas para saír de casa. Eladio trata de axudalo, aínda que non moi sabe ben como. As dificultades de Eladio coinciden coa desaparición dun ancián da parroquia, Xacobo, que botará aos veciños ao monte, e coa aparición dunha osa que Eladio terá que rastrexar. Nas pausas da procura, Eladio nárralle a Lisa os contos que lembra ou imaxina. Historias de aquí e de alá que constrúen o horizonte dos habitantes da comarca. Historias que lle falan a Lisa. E que falan do modo que Eladio atopa de continuar a relación na beira da vida.

Título internacional: Woodland Bounds

Dirección: Sebastián Uría

Producción: Olaia Ledo Díaz (Nós), Oliver Laxe (Filmes da Ermida)

aís de produción: España

Estado do proxecto: En desenvolvemento

Duración estimada: 80 min.