LEBRESCURA
Sinopse:
Normas de xogo:
- Un neno queda cara á parede, contando en voz alta ata un número determinado mentres os demais se agochan.
- En canto remata de contar debe buscar ós demais.
- Os nenos intentarán alcanzar a panda, tocando a parede onde se contou.
- Se quen pandaba logra coller a un, sálvase e ese pasa a ser o pandote.
De todo o que acontece cando non vemos
[ou non miramos]
vai este filme.
Tamén vai do que poñemos entre corchetes
do que non
do que caeu. Do que saltou. Do salto.
Esta película quere investigar as formas posibles de facer un filme sobre algo
sen amosar ese algo. E facelo dende o xogo, dende o lúdico
coma o salto dun animal salvaxe
e libre
na escuridade
Título internacional: BL_CK (working title)
Dirección: Xacio Baño
Producción: Tamara Canosa
aís de produción: España
Estado do proxecto: Desenvolvemento
Duración estimada: 85 min
