La casa en la frontera

La casa en la frontera

Sinopse:

La casa de la frontera conta a historia dunha familia que recibe a visita de tres diplomáticos que traen unha mensaxe importante: a nova liña fronteiriza fixada entre dous países vai atravesar a súa morada. Eles agradecen e celebran a fortuna de ser parte dun feito histórico. Pero unha vez instalado a nova orde calquera xesto como ir ao baño, regar unha planta ou levar un ñoqui á boca podería desatar un conflito internacional. A idea de facer esta película xorde cando o parlamento finlandés aproba unha lei (xullo 2022) para fortalecer a protección fronteiriza con Rusia. O texto inclúe a posibilidade de instalar un valo de entre 130 a 260 quilómetros para bloquear o acceso ao territorio. Os habitantes de Carelia que gozaban de libre tránsito entre os dous países ven agora privados deste dereito. O conflito non é só bilateral, afecta tamén aos carelios. A rexión de Carelia é tamén agora a fronteira entre a OTAN e a OTSC.

Título internacional: The House in the Border

Dirección: Andrés Duque

Producción: Andrés Duque

aís de produción: España

Estado do proxecto: En desenvolvemento

Duración estimada: 80 min.