Handen
Sinopse:
Isaac, un escritor galego de 30 anos, chega aos Países Baixos para traballar durante uns meses nunha granxa de cultivo de vexetais dunha pequena vila, coa intención de aforrar e poder mudarse coa súa moza a Barcelona e poder rematar de escribir a súa segunda novela.
Alí Isaac traballa e convive cun grupo de curtidos homes masculinos do sur e leste de Europa, baixo as ordes de Maaike (42), a xefa holandesa, unha muller divertida pero intimidante. Co tempo, Isaac consegue conquistar o respecto do grupo de compañeiros e de Maaike grazas á súa capacidade de resistenza, mentres se vai convertendo pouco a pouco noutra peza máis da maquinaria da empresa, deixando atrás os seus plans e vida creativa.
Acaba conectando cos compañeiros, incluso co checo Arvydas, o máis alcóholico e homófobo. Esta tensa e próxima relación de amizade vólvese escura e tóxica cando estoupa o desexo homosexual contido por ambos.
Así e todo, a granxa sempre seguirá funcionando e producindo para Maaike e a súa familia.
Título internacional: Handen
Dirección: Ángel Filgueira
Producción: Silvia Fuentes
aís de produción: España
Estado do proxecto: En desenvolvemento
Duración estimada: 120 min.