Elena dió a luz un hermoso niño

Elena dió a luz un hermoso niño

Sinopse:

Este é un autorretrato filmado pola familia Rise Fiter en diversos formatos de cinema amateur ao longo de sete décadas. Nacementos, celebracións, vacacións e cotiandade foron rexistrados coa vontade de capturar o tempo e construír futuros recordos. Como Sísifo, Miquelina Fiter entende de forma intuitiva que a vida será unha repetición incesante de eventos que se suceden, e ela fílmaos coa confianza de quen coñece o seu destino. “Toda a alegría silenciosa de Sísifo consiste niso. O seu destino perténcelle. A súa roca é a súa casa.” Nas imaxes domésticas cóase a microhistoria, as luces e as sombras dun país, da súa historia e do seu porvir. O tempo pasa, nin lento, nin rápido; as épocas sucédense, e desde o presente xorden máis preguntas que respostas. Unha película na que saber o final non arruína a viaxe.

Título internacional: Elena Gave Birth to a Beautiful Child

Dirección: Chiara Marañon & Juan Soto Taborda

Producción: Ricard Sales (LaCima Producciones), Sandra Tabares Duque (Sandelion Productions)

aís de produción: España – Colombia

Estado do proxecto: Postprodución

Duración estimada: 120 min.