Da túa man para a miña
Sinopse:
Miña avoa non sabe ler mapas, pero pode dicir cos ollos pechados como se chega a calquera lugar da aldea. Coñece cada camiño que leva a cada monte, prado ou cruz, como aquela onde morreu afogada unha muller.
Anos 80. Nunha aldea do interior de Pontevedra, queren colocar un vertedoiro no monte ao lado das casas. Os veciños organízanse, rebentan reunións e unidos paran os camións cheos de lixo na estrada, coas forquillas na man.
Hoxe a praza da aldea está baleira. Un can dorme no medio da estrada. A porta da taberna está pechada. O silencio dun martes 5 de outubro penetra na alma.
Nós marchamos por unha estrada de máis de cen curvas cara á cidade, como miña avoa o fixo nun coche ata Estrasburgo para cimentar o que hoxe é Europa. Ou como o meu bisavó, que pasou vinte días nun barco cruzando un océano que o separaría da súa filla recén nacida vinte anos. Nais sen fillas e fillas sen nais. Ata onde chegan as feridas da emigración?
O eco dunha campá nas montañas rompe o silencio. Hai misa.
Título internacional: Da túa man para a miña
Dirección: Fran Rodríguez Casal e Coral Piñeiro
Producción: Andrea Vázquez e Fran Rodríguez Casal
aís de produción: España
Estado do proxecto: En produción
Duración estimada: 80 min