AURAS. VISIÓNS DE CEGUEIRA

AURAS. VISIÓNS DE CEGUEIRA

Sinopse:

Como ven as persoas o mundo durante un episodio de migraña con aura típica? Auras é unha curtametraxe que pretende reproducir as alteracións visuais reversibles que sufrimos un 8% da poboación mundial. Un exercicio que, malia que pareza mentira, aínda non se fixo. As pacientes, ata o de agora, limitáronse a debuxalas para estudos, sen acometer o factor crucial do movemento. Neste proxecto, investigación a un tempo científica e cinematográfica, propóñome valerme da dobre exposición de película e dun determinado son que procure a estimulación sensorial. Pretendo que o público xeral poida experimentar o que as pacientes de aura experimentamos e tal e como o facemos: sen medo, sabéndoa pasaxeira, pero si invalidante. Unha curtametraxe que quere, a pesar de todo, ofrecer un gozo estético e sensual, pero tamén concienciar ao mundo nesta doenza silente, tan común como descoñecida..

Título internacional: Auras. Visions Of Blindness

Dirección: Nela Fraga

Producción: Nela Fraga e Ángel Rueda

aís de produción: España

Estado do proxecto: Posprodución

Duración estimada: 9 min