As Estações
Sinopse:
A película viaxa ao paso das estacións a través da historia real e ficcionada dunha rexión en Portugal, O Alentejo, e as xentes que viviron alí. Comeza cun presente sen memoria e viaxa ao pasado a tempos inmemoriais, antes da invención da escritura. Ao longo do camiño atravesa pasados máis ou menos distantes: a vida e o traballo duns arqueólogos alemáns detidos lonxe de casa na Segunda Guerra Mundial a través de arquivos e cartas; a ocupación da terra polos traballadores rurais tras a revolución de abril de 1974; historias gardadas na memoria colectiva. Durante a viaxe atopamos a mulleres e a homes, anciáns e nenos, pastores, cazadores, apicultores, arqueólogos, profesores e contadores de historias, e tamén ruínas, dólmenes e unha oliveira milenaria. Coas súas memorias, crenzas e coñecementos, todo contribúe a crear un retrato de múltiples capas, poético, político e polifónico da rexión.
Título internacional: The Seasons
Dirección: Maureen Fazendeiro
Producción: Valentina Novati (Norte Productions), Luís Urbano (O Som e a Fúria), Beli Martínez (Filmika Galaika)
aís de produción: France – Portugal – Spain
Estado do proxecto: En producción
Duración estimada: 90 min.