As crechas

As crechas

Sinopse:

Lucía e Carme teñen 17 anos, criáronse no mesmo barrio da Coruña, Monte Alto, e son inseparábeis. Remataron o instituto e, mentres pasan as tardes de verán colándose nos cines, saíndo cos rapaces do barrio e apañando percebe na praia, pensan que van facer co seu futuro.

Carme, debido a súa situación familiar, comezará a traballar pasando o ferro nunca fábrica. En cambio, os pais de Lucía queren que estude Maxisterio, aínda que ela quere ir vivir a Santiago e facer Medicina.

As dúas amigas trazan o plan de irse a Inglaterra como despedida da súa adolescencia e, para conseguir o diñeiro da viaxe, arriscan a súa vida collendo o percebe das rochas da Torre de Hércules e comezan unha serie de roubos aos turistas que están de paso na cidade. Cando o seu plan está case completo, Carme namora dun deses turistas e a relación entre as amigas comeza a cambiar polas mentiras que creanse entre elas.

Título internacional: As crechas

Dirección: Inés Pintor

Producción: Inés Pintor

aís de produción: España

Estado do proxecto: En desenvolvemento. Primeira versión de guión.

Duración estimada: 90 min.