Alevosía
Sinopse:
Alevosía é unha película sobre o fenómeno fan, os danos colaterais da fama e a violencia na industria do entretemento.
Un fan namórase do personaxe dunha telenovela cutre e, obsesionado con posuír esa ficción, trata de asasinar á actriz que o interpreta.
O fan traballa como garda de seguridade, rodeado de cámaras, á vez que proxecta o seu amor nun personaxe que descobre a través da tv internacional. Un día traza un plan de conquista achegándose aos teatros onde a actriz dos seus soños atópase de xira, ensaiando cada detalle. A súa mente crea outra ficción paralela á ficción dando paso á erotomanía, a non disociación entre realidade e ficción. Paradoxalmente esta liña é a que a actriz trata de difuminar na creación do seu personaxe. Un cabaret narra o proceso de violencia da actriz baixo a pel doutra actriz á que contrata para que faga de si mesma.
Título internacional: Alevosía
Dirección: Sara Casasnovas
Producción: José David Díaz
aís de produción: España
Estado do proxecto: En desenvolvemento
Duración estimada: 70 min.