premios

todos os cineastas e produtores que representan tanto aos proxectos nacionais como aos proxectos internacionais seleccionados son convidados a participar nunha serie de encontros cun conxunto selecto de profesionais do ámbito cinematográfico internacional formado por produtores, distribuidores, axentes de vendas e membros de comisións de cinema, así como de representantes de fondos, mercados e festivais.

Finalmente todos os participantes presentarán os seus respectivos proxectos ante un xurado de prestixio internacional que concederá un premio en metálico de 10.000,00 €. Tamén se concederán distintos premios en servizos, que serán proporcionados polos nosos socios e patrocinadores.