VENTURA abre a convocatoria da súa segunda edición
O realizador Mariano Llinás será o titor dos proxectos cinematográficos nacionais seleccionados para a plataforma de formación e coprodución con sede en Tui, Galicia. [leer +]
A coprodución AS ESTAÇOES, da cineasta franco-portuguesa Maureen Fazendeiro faise co premio VENTURA de 10.000 €
Os premios de distribución outorgados por Filmgarten e Atalante tamén recaeron no proxecto de Fazendeiro O premio CINEMAR foi para MONTAÑA OU MORTE, o premio NUMAX foi para EL ALUMBRE, o premio CORMORÁN foi para MIL OURELAS e, por último, o premio DOC’S KINGDOM recaeu sobre o proxecto DESPUÉS DE NADA. [leer +]
VENTURA anuncia os proxectos internacionais que participarán no seu foro de coprodución
Alessandro Comodin, Maureen Fazendeiro, Ognjen Glavonić, Jacqueline Lentzou, Camilo Restrepo e Ben Rivers son as directoras e directores seleccionados, entre os que tamén se atopan profesionais da produción como Tommaso Bertani, Stefan Ivančić, Dragana Jovović, Beli Martínez, Valentina Novati, Helen Olive, Thomas Ordonneau, Andrea Queralt e Luís Urbano. [leer +]
VENTURA celebra a súa segunda etapa, unha residencia intensiva de escritura creativa a cargo de Marta Andreu
Do 23 ao 29 de xaneiro de 2023 celebrouse a segunda etapa de VENTURA, unha plataforma de formación profesional, desenvolvemento de proxectos e encontros de industria para cineastas e produtores de todo o mundo, organizada polo festival de cinema Play-Doc. [leer +]
VENTURA anuncia os proxectos nacionais seleccionados na súa primeira edición e os membros do seu equipo asesor
Carla Andrade, Alejandro Tarraf, Chiara Marañón y Juan Soto Taborda, Andrés Duque, Sebastián Uría y Pela del Álamo son as directoras e directores seleccionados, entre os que tamén se atopan profesionais da produción como Pilar Monsell, Felipe Lage, Luis Ferrón, Ricard Sales, Sandra Tabarés Duque, Olaia Ledo e Oliver Laxe [leer +]
Play-Doc presenta VENTURA, unha nova plataforma de formación e coprodución para cineastas e produtores de todo o mundo
VENTURA desenvolverase en tres etapas que comprenden a formación profesional, o desenvolvemento de proxectos e os encontros profesionais de coprodución. A primeira edición de VENTURA xa ten aberta a súa convocatoria. [leer +]