Durante a segunda etapa, os cineastas que representan os proxectos nacionais seleccionados son convidados a tomar parte nunha residencia de escritura intensiva dunha semana de duración a cargo de Marta Andreu, recoñecida experta na titoría de proxectos e cunha dilatada experiencia en laboratorios e residencias de escritura do mundo enteiro.
Este encontro celebrarase en Finca Remesal, un espazo ideal para o desenvolvemento do traballo creativo, nunha contorna tranquila e paradisíaca e en plena comuñón coa natureza.
Situada ao pé do Parque Natural do Monte Aloia e a tan só 5 minutos do centro da cidade fronteiriza de Tui, a Finca Remesal é unha casa de pedra galega tipo pazo, que combina antigüidade e modernidade. As instalacións contan con todo o necesario para o desenvolvemento da residencia: amplos espazos comúns distribuídos en dúas plantas e en permanente conexión co exterior, dúas cociñas, adega, terrazas e varias salas ideais para o traballo individual e en grupo. Todos os participantes contarán con cuartos individuales, baño privado e balcón con vistas panorámicas ao Rio Miño.
A viaxe ata a residencia, o aloxamento e as comidas durante a estancia correrán a cargo da organización.