Hayet Benkara
(Consultora)
Nada en Francia, Hayet Benkara traballa entre Canadá e Europa como asesora de industria cinematográfica. Actualmente é a Xefa de Estudos do Open Doors Lab do Festival de Locarno e Adestradora de Pitching do Marrakesh Atlas Workshop, e recentemente, lanzou un mercado de coprodución internacional no Festival du Nouveau Cinéma, en Montreal. Ademais, é colaboradora habitual de importantes festivais e mercados de cinema, como o Producers Network do Festival de Cannes, o Co-Production Market da Berlinale e o CineMart do Róterdan International Film Festival. Tamén colabora como experta de industria en Emiratos Árabes Unidos, nos festivais de Abu Dhabi e Dubai e para o Doha Film Institute de Qatar. Anteriormente, traballou durante quince anos para o Toronto International Film Festival, onde deseñou, produciu e administrou unha variedade de programas de capacitación para profesionais do cinema como TIFF Market, TIFF Studio e TIFF Lab. Ao longo do ano tamén traballa con cineastas consagrados e emerxentes como consultora en desenvolvemento, produción, coprodución, distribución, márketing e estratexia de festivais.