O xurado internacional conformado polo cineasta norteamericano C. W. Winters, a programadora francesa Charlotte Serrand e o produtor grego Thanassis Karathanos, outorgou o premio VENTURA, de 10.000€ en metálico, ao proxecto AS ESTAÇÕES, da realizadora Maureen Fazendeiro, coproducido por Luís Urbano (Ou Som e a Fúria, Portugal), Valentina Novati (Norte Productions, Francia) e Beli Martínez (Filmika Galaika, España).
O premio de distribución ATALANTE (para o territorio español) foi para AS ESTAÇÕES (Maureen Fazendeiro, Ou Som e a Fúria, Norte Productions, Filmika Galaika).
O premio de distribución FILMGARTEN (para o territorio autríaco) foi para AS ESTAÇÕES (Maureen Fazendeiro, Ou Som e a Fúria, Norte Productions, Filmika Galaika).
O premio de son CINEMAR foi para MONTAÑA OU MORTE (Pela del Álamo, Zeitun Films).
O premio de DCP e deliveries NUMAX foi para O ALUME (Alejandro Tarraf, Felipe Lage).
O premio de efectos visuais CORMORÁN foi para MIL OURELAS (Sebastián Uría, coproducido por Olaia Ledo e Oliver Laxe)
O premio DOC’S KINGDOM consistente nunha bolsa para participar nun seminario recaeu sobre o proxecto DESPUÉS DE NADA (Carla Andrade, coproducido por Proxémica e Testaferro).