Vincenzo Bugno

Nacido en Venecia, Vincenzo Bugno vive actualmente en Berlín. Tras finalizar os seus estudos en Literatura, Historia da arte e Cinema, Bugno traballou como xornalista e crítico cinematográfico para medios suízos, españois e italianos, como Il Correr della Sera e Manifesto, e máis tarde para diversos medios de television como Arte, ZDF, Tele+ ou Sky Italy, como escritor e director de reportaxes sobre cinema e cultura. Traballou como consultor e curador para diferentes festivais internacionais. Desde 2006 a 2009, Bugno formou parte do equipo de programación do festival de Locarno e foi o director da sección Open Doors. Desde 2002 Vincenzo traballou no Festival Internacional de Cinema de Berlín cumprindo diferentes funcións, como membro do comité de selección da competición e como conselleiro delegado de diferentes países e rexións. É o director e membro do xurado do Berlinale World Cinema Fund/WCF, fundado en 2004 como unha iniciativa da Berlinale e da Fundación Cultural Federal Alemá, co obxectivo de fomentar a produción cinematográfica en rexións carentes de infraestruturas sólidas na industria do cinema. É así mesmo curadir do FeatureLab/TFL-TorinoFilmLab desde 2022 é o director artístico do BFFB (Bolzano Film Festival, en Italia).