
Valeska Neu
Ademais de estudar Historia Contemporánea, Xornalismo e Cinema en Alemaña, Valeska Neu estivo involucrada na industria do cinema desde 2002, escribindo para revistas en liña, organizando festivais e como consultora para proxectos cinematográficos. Neu traballou durante anos en diversas produtoras especializadas en cinema de autor e en 2010 únese ao equipo da axencia de vendas Films Boutique, con base en Berlín e especializada en cinema de autor e documentais. En Films Boutique asume a dirección de estival management e desde 2016 é a xerente de vendas responsable das rexións dos países nórdicos, Europa do Leste e Asia, así como de todas as operacións de TV e VOD.