
Olimpia Pont Cháfer
Olimpia Pont Cháfer é unha consultora cinematográfica española con sede en Berlín. Conta con experiencia en diversos ámbitos como a programación cinematográfica, a distribución e as vendas. Traballou para diferentes festivais e eventos cinematográficos, entre eles o Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o Festival de Cine Europeo de Sevilla, a Seminci en Valladolid e o Festival de Cinema de Sarajevo. Entre 2008 e 2016 traballou na compañía de vendas Coproduction Office, onde foi xefa do departamento de vendas durante sete anos. Desde 2020 é a responsable de industria de TorinoFilmLab e desde 2024 coordinadora de ADICINE, a Asociación de Distribuidores Independentes Cinematográficos. A finais de 2023 creou a produtora Ventall Cinema, con sede en Berlín, sendo a súa primeira produción ROMERÍA de Carla Simón (2025, Festival de Cannes, Competición), da que é coprodutora en Alemaña. Como consultora cinematográfica, é convidada regularmente a diversos paneis e comités, e encárgase das adquisicións internacionais de películas para o distribuidor alemán Piffl Medien.