Montse Triola

Montse Triola é unha produtora, performer e directora teatral catalá. Tras estudar arte dramática no Instituto do Teatro de Barcelona, o Master en “Theatre Practice” sobre as teorías visuais e performativas do século XX no Rose Bruford College do Reino Unido, e filoloxía inglesa na Universidade de Barcelona funda en 2003 Andergraun Films xunto con Albert Serra, e produce toda a filmografía do realizador: os longametraxes HONOR DE CAVALLERIA (2006), EL CANT DELS OCELLS (2008), estreados na Quinzaine de Réalisateurs do Festival Internacional de Cannes; HISTORIA DE MI MUERTE, Pardo de Ouro á Mellor Película no Festival de Locarno 2013; LA MUERTE DE LOUIS XIV, Sección Oficial do Festival de Cannes 2016; LIBERTÉ, Premio Especial do Xurado Un Certain Regard, do Festival de Cannes 2019 e PACIFICTION, Selección Oficial de Cannes a Competición, 2022. Produce a película dirixida por Dane Komljen AFTERWATER, estreada na Berlinale 2022 e Premio á Mellor Película na sección Revoluciones Permanentes do Festival de Sevilla. Na actualidade prepara as documental Tardes de soidade, de Albert Serra e a longametraxe histórica BEATRIZ, LA MUJER do director filipino Lav Díaz.

.