Markus Duffner

Markus Duffner é alemán pero nado e formado en Italia, onde se graduó en Literatura, Arte e Culturas Foráneas na Universidade de Urbino e en Cinema,  Televisión e Produción Multimedia na Universidade de Bologna. Desde 2004 desenvolveu as súas habilidades profesionais no ámbito da publicidade para a prensa especializada (incluíndo Le filme français e Cannes Market News, o diario oficial do Marché du Film), así como en mercados de cinema como The Business Street, actualmente MIA Market. Colaborou tamén con outros festivais de cinema entre os que destacan Monte-Carlo Film Festival da Comédie e o VOICES Festival en Vologda, Rúsia. Desde 2014 traballou para o Locarno Pro, asumindo proxectos como First Look e Match Me! En 2020 converteuse no xefe de proxectos da innovadora plataforma Heritage Online, dedicada á distribución dixital de cinema clásico e películas de autor, da que é fundador. Así mesmo está detrás da plataforma de VOD Spamflix, lanzada en 2018, e da que é membro fundador.