
Marion Klotz
Experta
Marion Klotz ten máis de 15 anos de experiencia na industria do cinema. Traballou con Memento Films International, Arte, Doha Film Institute e o Festival Internacional de Cinema de Róterdan (IFFR). Desde 2014 colabora co Festival de Cinema de Locarno como Project Manager da Industry Academy, programa que desenvolveu durante os últimos dez anos en América Latina, Estados Unidos, Medio Oriente, Sueste de Europa e Sudáfrica. Desde 2015 reside en Arxentina, onde desenvolveu os programas Industry Academy America Latina e U30 LatAm con Locarno Pro. Recentemente mudouse a Mendoza en Los Andes para desenvolver un proxecto de permacultura e viticultura orgánica coa súa familia.