
María Baqueiro
María Baqueiro é a responsable de sustentabilidade do festival Sinsal (premiado como festival máis sostible nos Premios FEST 2019 e 2023), cofundadora e coordinadora do Pacto Cultura Sostible e cofundadora do colectivo STAGE de persoas expertas en sustentabilidade de eventos. Leva máis de vinte anos asesorando a entidades públicas e privadas na integración da sustentabilidade nos seus procesos e estratexias, co obxectivo de promover un impacto positivo e duradeiro.