Maialen Beloki

Experta

Subdirectora do Festival de San Sebastián desde o 2016. Coordinadora do concepto de Festival de todo o ano, que comprende a procura, o acompañamento e o desenvolvemento de novos talentos (Ikusmira Berriak, Nest); a formación e a transmisión de coñecementos de cinema (Elías Querejeta Zine Eskola, Zinemaldia +); e a investigación e o pensamento cinematográfico (o proxecto Z70, a publicación Zine). Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra e Doutora en Teoría, análise e documentación cinematográfica pola Universidade Pública do País Vasco. Forma parte da Dirección Académica de Elías Querejeta Zineskola. Foi profesora de comunicación en HUHEZI, Universidade de Mondragón. É coautora de Antxon Eceiza, cinema existencialismo e dialéctica (Jesús Angulo, Maialen Beloki, José Luis Rebordinos, Antonio Santamarina, Filmoteca Vasca, 2010). Formou parte do Consello Vasco da Cultura do Gobierno Vasco.