
Leire Apellaniz
Leire Apellaniz desenvolveu unha intensa traxectoria como produtora e directora en numerosos proxectos cinematográficos a través das produtoras Señor & Señora, cofundada xunto a Aritz Moreno en 2013, e Apellaniz y de Sosa, que fundou con Ion de Sosa en 2017.
En 2016 produciu e dirixiu a súa primeira longametraxe, El último verano (2016), que foi seleccionada en varios festivais internacionais como BAFICI ou Karlovy Vary. Desde entón produciu títulos como Mudar la piel (Ana Schulz e Cristóbal Fernández, 2018), Las letras de Jordi (Maider Ferandez Iriarte, 2019), Ventajas de viajar en tren (Aritz Moreno, 2019), Espíritu sagrado (Chema García Ibarra, 2021), Canto Cósmico. Niño de Elche (Leire Apellaniz e Marc Sempere, 2021), La concha (Leire Apellaniz, 2022), Samsara (Lois Patiño, 2023), Mamántula (Ion de Sosa, 2023), Contadores (Irati Gorostidi, 2023), Una Ballena (Pablo Hernando, 2024), Balearic (Ion de Sosa, 2025) e Aro berria (Irati Gorostidi, 2025). Todas estas obras foron proxectadas nos festivais máis importantes do mundo, como San Sebastián, Cannes, Locarno, BAFICI, Berlinale ou Rotterdam.
Na actualidade atópase finalizando a próxima longametraxe de Aritz Moreno, Karateka, e paralelamente desenvolvendo a súa primeira ficción en formato longo, o filme Zuria. Recentemente incorporouse como membro da Academia Europea de Cinema.