
Laura Citarella
Nada en La Plata (Provincia de Buenos Aires, Arxentina) en 1981, Citarella se graduó como directora de cinema na Universidad del Cine. Desde 2005 forma parte da Produtora de Cinema El Pampero, xunto a Mariano Llinás, Alejo Moguillansky e Agustín Mendilaharzu. Dirixiu películas como Ostende (2011), La mujer de los perros (2015) (Codirigida con Verónica Llinás) e Las poetas visitan a Juana Bignozzi (2019) (Codirigida con Mercedes Halfon). Trenque Lauquen é a súa cuarta película. Citarella tamén se fixo un nome como unha das produtoras de cinema independente máis importantes de Arxentina. O seu traballo de produción inclúe, entre outras, Historias extraordinarias e La Flor, de Mariano Llinás, e Castro, El loro y el cisne, El bicho de oro e Por el dinero, de Alejo Moguillansky.