Lara González Lobo

Lara González Lobo Graduada en Historia da arte e cun Máster en Patrimonio Cultural, desenvolveu a súa carreira como coordinadora de proxectos e consultora independente para festivais de cinema internacionais e iniciativas de industria como Berlinale’s European Film Market ou Venice International Film Festival. Actualmente coordina Cinemart, o mercado de co-produción do International Film Festival Róterdan (IFFR), no que traballa desde 2017. Formou parte do equipo do Festival Internacional de Cine de Gijón (FICX) nas súas últimas seis edicións, primeiro como coordinadora do programa para profesionais (FICX Pro), e desde 2020, como membro do comité de selección do festival. En 2023, foi seleccionada para participar no taller de coprodución internacional EAVE Puentes.