
José Alayón
José Alayón (Arona, España, 1980) debutou como director en 2013 coa longametraxe Slimane. Desde entón desenvolveu unha carreira como produtor executivo á fronte da súa produtora El Viaje Films, que produciu títulos como Magallanes(Lav Diaz, 2025), Blanco en blanco (Théo Court, 2019), Premio á Mellor Dirección e Premio FIPRESCI na sección Orizzonti do Festival de Venecia, ou Dead Slow Ahead (Mauro Herce, 2015), Premio Especial do Xurado na sección Cineasti del Presente do Festival de Locarno. Tamén foi director de fotografía de títulos como a propia Blanco en blancoou Eles Transportan a Morte (Samuel M. Delgado, Helena Girón), estreada no Festival de Venecia. La lucha é a súa segunda longametraxe como director.