
Jacobine Van Der Vloed
Desde 2017, Jacobine van der Vloed é a Directora e Xefa de Estudos da plataforma con sede en Amsterdam ACE Producers. Anteriormente traballou durante dez anos para o Festival Internacional de Cinema de Róterdam (CineMart & Hubert Bals Fund), ademais doutras funcións dentro da industria. Así mesmo, catro anos antes de incorporarse a ACE Producers, foi a co-fundadora de Art:Film initiative, traballou como profesora na Filmakademie Baden-Württemberg, foi axente de directores e guionistas para a Henneman Agency, e traballou como consultora para diversos festivais e mercados. É graduada e conta cun máster en Historia Cultural pola Universidade de Utrecht, en 2002.