
Gemma Vidal
Gemma Vidal é produtora executiva en Atresmedia Cinema, con foco no desenvolvemento, a financiación e a distribución do cinema español. Anteriormente traballou como coordinadora de produción na produtora e distribuidora Avalon e foi experta para o desenvolvemento de longametraxes do Programa MEDIA Creative Europe. Foi a directora responsable da Incubadora de The Screen e do programa para o desenvolvemento de longametraxes da ECAM, consistente nunha serie de mentorías, workshops e financiación dirixida a produtores, directores e guionistas emerxentes residentes en España.